Enfeitizado? |
Na historia de España e a súa cultura hai un famoso burato. Se miramos á literatura, é moi difícil atopar algo que pague a pena dende 1651; en pintura Velázquez finou en 1660 e Zurbarán en 1664; ciencia xa non había. Coincide a fenda coa chegada ao trono de Carlos II, máis coñecido inxustamente coma O Enfeitizado -se precisan información sobre estas cousas, deixen o Táboa e vaian á nosa magnífica sección de Horoscopo-. Se deixamos á marxe a Fernando VII, o derradeiro monarca dos Austria considérase o peor rei da Historia de España.
Contra esta idea tan secular como popular érguense certas tendencias historiográficas máis recentes, das que é voceiro o historiador Alberto Bravo, quen vén de publicar Yo, el rey. La historia de Carlos II en Ático de los Libros, editorial sempre disposta a tirar........