Dominar o mundo |
As capacidades que están a acadar os distintos bots son, simplemente, asombrosas. De feito, o que eu utilizo para tarefas de documentación e mellora dos meus textos académicos penso que xa escribe no meu mesmo estilo, pero mellor ca min. Non se equivoca e dá bos argumentos. O malo é que non le os libros: iso aínda é para os humanos.
A esta incríbel capacidade corresponden uns desafíos de seguridade e control tamén descomunais. Hai unhas semanas sóubose —sempre que asumamos que a nova non foi unha operación publicitaria de falsa bandeira— que a nova intelixencia artificial e experimental de OpenAI se descontrolou, chimpou por riba de todos os obstáculos de seguridade que lle puxeran e atacou a unha pobre IA da competencia. Para os amantes de Kubrick é un episodio estarrecedor. Ocorre que algo así vén a cumprir os prognósticos ofrecidos por........