Contra a sida

Como son dous persoeiros odiados pola extrema dereita e coñecidos polas súas posicións políticas e sociais, o debate non deixou moito espazo aos grises. Por exemplo, a gabar a afouteza de Casanova ao tempo que se sinala que non é estigmatizar a ninguén afirmar que se deben limitar as condutas de risco, máis na adolescencia.

O VIH e a sida non causan xa a paranoia médica e social dos anos 80 e 90. Os que estabamos alí, malia ser nenos, sabemos do que falamos. Os avances médicos e dos estados de benestar permitiron que en Occidente —o matiz é moi importante—o mal remitise, e con el o sinalamento das persoas que o padecían en maior medida: homes homosexuais e drogodependentes. Neste caso foi un xogador de baloncesto a chave do cambio de percepción en boa parte da opinión pública: o portador do VIH podía ser........

© Galiciaé