We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

A vida cotiá

1 0 0
28.01.2020

Atopar unha familia do rural sen inmigración é máis ou menos como atopar un unicornio. Agás os descendentes de señoritos, os demais vimos de onde vimos. O meu avó, agora un velliño de 91 anos cunha saúde moi feble, naceu en Castelo de Cais —non, non acepto o normativo nisto—, concello de Cervantes, e nunha aldea dese tipo pódese dicir que só había dous tipos de persoas: as pobres e as moi pobres. O que pasou despois dá para varias novelas de éxito. Non se debe esquecer ese pasado para mellorar o noso presente.

Os detalles daquela Galiza que xa apenas existe son fundamentais e, para afondar neles, temos no mercado un libro excepcional. Trátase de Servir era o pan do demo, editado por Galaxia e escrito por Xavier Castro, catedrático de Historia Contemporánea na........

© Galiciaé