A trascendencia |
Temos na Galiza un dos selos editoriais máis excepcionais e delicados do panorama español. Trátase de Linteo, en Ourense. Aínda que tamén publica literatura infantil e xuvenil, distínguese nas librarías polos seus grosos volumes de poesía, de cuberta branca e lombo vermello, protagonizados sempre por autores excelentes —Robert Frost, Anne Sexton, Salvatore Quasimodo, por citar só un feixe dos que adornan os meus andeis– e editores e tradutores dunha calidade non menor —caso do poeta Antonio Colinas na obra da que imos falar deseguido—.
Nesta súa liña editorial chega agora ás nosas librarías da man do selo da capital das Burgas Poesía. Obra temprana de Rainer Maria Rilke, un volume co que se inicia a publicación da poesía completa do grande lírico xermánico dacabalo dos séculos XIX e XX. Agardan dous volumes máis, que pagarán a débeda que........