O libro favorito dos Amigos do Domingo
AS MIÑAS vacacións consistiron en ver a marea de turistas subindo ata cubrir a muralla romana e en solazarme na baixada desa marea. Como non puiden abandonar a cidade, dediqueime a un tránsito recorrente durante o día entre a cama e o sofá. O día 8 de xullo celebrei o aniversario da miña irmá, Itziar, e a entrega do Premio Strega, o máis reputado da literatura italiana. É comparable a galardóns concedidos a mellores novelas publicadas no ano, como o Goncourt, o Booker ou o Premio do Libro alemán. No noso país non temos un galardón equiparable e en España vén de crearse a pailanada do Premio Aena, con dotación de novo rico: un millón.
A obra vencedora deste ano foi 'O convidado de pedra' de Michele Mari, a quen non teño o gusto. Sinto a frustración de ler torpemente en italiano, seríame traballoso ler unha novela. Pero decidín ocupar as mareas vivas de turistas e de calores na miña cidade na lectura de novelas premiadas co Strega.
Antes de empezar a comentalas, recordareilles que Cesare Pavese se suicidou nun sábado de agosto de 1950; non recordo en cal dos catro sábados dese ano. Gañara o Strega dous meses antes con 'El bello verano' (Cátedra). Esquecera contarlles que ese galardón foi creado polo fabricante do licor Strega —Meiga, en italiano— que hai un xurado formado........
