menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

A aventura máis duradeira

40 0
21.04.2026

O FRÍO déixame mal corpo. Quero dicir que unicamente podo soportalo nas novelas, aínda que aburro imaxinando paisaxes monocromatimente brancas. Non son tan feas coma a parda Castela, pero son igual de mortecinas.

A primeira novela que lin moi ao norte foi 'Viaxe ao centro da Terra' de Xulio Verne. A ficción, supoño que recordan, está protagonizada por tres personaxes que se adentran no volcán Snæfellsjökull, situado en Islandia, para explorar paixases subterráneas. Esa obra fala da curiosidade e da ciencia como modo de catalogar o mundo. Teño por certa a idea que a traducira Valentín Arias para Xerais co seu coidado habitual.

Volvín a Islandia no comezo da fascinante novela 'A noite da aurora' (Galaxia) de Camilo Gonsar, que comeza cun encontro de dous amigos de vello en Reikiavik e continúa en Sarria; vila do autor, a mesma que de Valentín Arias. Está protagonizada por Lor, un home que escolle unha vida errática, de aventureiro, para non resignarse a unha existencia derrotada tras entregarse ás certidumes.

Os personaxes de Verne entran ao soto da Terra por un volcán e saen por outro, na illa italiana de Strómboi. Recordo agora a película homónima de Roberto Rosellini, que teñen ao dispor en Filmin. A protagonista, trazada por Ingrid Bergman, deixa atrás un campo de concentración........

© Galiciaé