menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Neno prodixio

12 0
11.08.2026

A NOTICIA foi de hai ben pouco: unha escudería de Fórmula 1, non lembro se das principais e vellas ou das novas e modestas, descubriu a un talentoso cativo nun destes kártings que hai nos polígonos, e onde pasan as tardes os queimados que esnafraron o coche nunha leira e as noites aqueles que andan co carné retirado e a síndrome de abstinencia desatada. Foi un scouter, que di a lenda urbana andan por estes sitios fichando promesas.

Disimularía a súa presenza cunha coca cola a sorbos lentos, gorra fea e lentes de sol; entre as parellas dos competidores, que estarían vendo o móbil aburridas, e os pais das outras criaturas, berrando instruccións por riba do humilde pero insistente bruar deses 15cv, serpeando nas curvas, subíndose a rascados pianos. Quedaría en levalo a Inglaterra, supoño, para que aprendese o oficio de piloto: pola idade e polo destino parece unha escena dickensiana. 

Pero aquel home de pel tan branca, igual avariado polo sol ou despistado por tanto querer pasar desapercibido, puxo mal o nome do sitio no navegador. E en vez de repetir na pantalla Cerceda, tecleou primeiro o c, logo o e, despois o r, e apareceulle........

© Galiciaé