menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Viaxando con Isabel

19 0
16.05.2026

Nacida en 1978, á par que a vixente Constitución española, coido ben que han de concordar os/as -sempre moi amables- lectores destas crónicas semanais en que, así propios como alleos, tutti quanti virían converxer de entrada en considerar a imaxe de Isabel Díaz Ayuso en sorte dunha Lara Croft, intrépida arqueóloga a pescudar enre ruínas perigosas e tumbas antigas do mundo mundial ao tempo que se transforma en protectora do lexendario reino de Paititi, cara ao sur da Amazonía. Ou, xa postos na tarefa afouta -mapa nas mans, mochila ás costas; o curmán Diego e mais o mono Botas sempre á canda- Dna. Isabel talmente como Dora a exploradora, axudando os seus amigos para daren co camiño que conduce cara a moi máxicos espazos. Lara, Dora e Isabel: tres heroínas da nosa xeira. Pero non.

Mergullada na cerna do revival cutre, acontece que a Sra. Ayuso semella, moito mellor e no entanto, identificarse con aqueloutras figuras de Mary Carpenter, Miss Gilchrist ou Anna Leonowens –na India do XIX,........

© Faro de Vigo