Galego coma ti
Como han de coñecer ben todos/as aqueles de entre Vdes que conten con memoria e idade suficiente -decorría o ano de graza de 1981-, «galego coma ti» vén ser o eslogan co cal as hostes lideradas por Manuel Fraga se presentaron, resultando vencedoras nas mesmas, ás primeiras eleccións autonómicas de noso. A fórmula foi creación, polo demais, do maxín de X.L. Barreiro.
Rosalía de Castro, Camilo José Cela, Valle-Inclán...; Concepción Arenal...; Fernando Rey, Martin e Charlie Sheen...; Luz Casal, Julio Iglesias, Andres Do Barro; Fernando Romay, Luis Suárez, Iago Aspas...; Fidel Castro, Mariano Rajoy...;Amancio Ortega... Desde logo, a listaxe de galegos/as -restan bastantes exemplos, e máis que evidentes, a engadirmos- e/ou con ascendencia na terra do verde chan que deveñen famosos, así no ámbito español como polo mundo mundial adiante, resulta ben ampla. No entanto, e por se aínda puidese semellar pouca nónima, non faltaron/faltan aínda esoutros a teimaren en completar a enumeración con outros nomes e........
