menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Esquerdas, esquerdas

21 0
28.02.2026

Como queira que disto moi moito de resultar editorialista e/ou comentarista de postín/postineo de calquera medio sistémico dos Madriles, coido ben que os, sempre moi amables, lectores destas crónicas me darán licenza para iniciar as presentes liñas acudindo a unha apreciación formulada por Indro Montanelli aló a fins dos anos 70 do pasado século. Católicos, coptos, monofisistas, restauracionistas... —por non citarmos aínda anglicanos, luteranos, calvinistas..., as moi variadas denominacións da protesta—: de acordo co gan xornalista e historiador italiano, nada máis semellante á Igrexa que a súa némese; isto é, o Partido Comunista.

Ortodoxos prosoviéticos, eurocomunistas, maoístas, trostskistas, castristas, socialismo autoxestionario... Vaticano e Kremlin, Kremlin e Vaticano: toda unha elección. Iso si: Nietzsche proclamou que Deus morreu. Mais o que si está claro é que D. Friedrich xa non mora entre nós. Canto a prosoviéticos e demais, a cousa semella revolta. En fin, parafraseando a Marx (D. Groucho), nin tan sequera a socialdemocracia parece gozar........

© Faro de Vigo