De usos e de abusos |
De certo que este, seu, cronista procede dun ambiente no cal, e desde que andabamos a gatas, todos os cativiños portabamos xa o barrete frixio sobre as nosas cabezas; sempre a liberdade, Eugéne Delacroix mediante, a guiar o pobo. No entanto, coido que cómpre que manifeste, aquí e agora, que si concordo con semellante estima. Estou a referirme, daquela, á declaración efectuada pola S.M. Filipe VI -hai xa uns cantos días e durante unha visita a unha exposición presente no Museo Arqueolóxico de Madrid; o monarca español tiña canda súa o embaixador de México, Quirino Ordaz-, quen foi explicitar/sentenciar que no transcurso da colonización de América si que «houbo moito abuso» e «controversias éticas». Porque a pesar de que cos Reis Católicos e «con sus directrices, las Leyes de Indias, todo el proceso legislativo» si que se poida enxergar un «afan de protección» (dos pobos indíxenas), a realidade do acontecido demostra máis ben que «no se cumplan (as disposicións reais) como se pretende y hay mucho abuso desde el........