A guerra da fin do mundo (e II)
«Lonxe agoiros ou vaticinios; non obstante, tempo ao tempo, xa veremos se, máis cedo ou máis tarde, non remata por definirse o presente conflicto como o principio desoutra guerra da fin do mundo: é dicir, do mundo soñado por Trump.» Velaí o último parágrafo da crónica semanal que o autor da mesma presentaba diante de Vdes. -sempre moi amables lectores- o pasado sábado, 14. E, en efecto, coido que non está de máis insistir en que para nada pretendo exercer como augur ou adiviño analista; se algo conforma, de seu, material lábil, tal deveñen de certo as cousas da política.
Por outro lado, e tendo en conta a afección por parte de Mr. Trump de tentar seguir os pasos de David Copperfield, Fu Manchú ou incluso –«todo o que Vdes. presenciaron está na súa imaxinación»- do inimitable Anthony Blake, calquera se atreve a facer prognósticos en relación a aquilo que o actual presidente dos USA será quen de ir procurar na súa moi atronada chistera. Agora ben; malia o anterior, si que quixera, no........
