Xosé Manuel Beiras

O caso é que fomos novos no mesmo tempo. Pero en ningún sitio coa intensidade do que o fomos en Vigo. E sempre o vexo no barrio de Casablanca cruzando, nos veraos, de sahariana e barba á moda «collier» e con frecuencia acompañando unha moza. Velaquí o 1958, en París, onde a nosa conversa seguirá conxelada para sempre. Unha vez vez, por sorte, oín eu entre os ruídos de cidade, alguén que chamaba por min en galego na saída do cinema. Na pantalla do cine era «O acorazado Potenkin» pero na realidade era o Beiras que estaba do outro lado, na Sorbona. E creo que foi alí onde falamos por primeira vez dunha política de unidade UPG-PSG. O feito é este: anos máis........

© Faro de Vigo