Hotel Roma, Ourense |
O primeiro panfleto que, na clandestinidade de 1966, se fai editado pola UPG e redactado por Celso Emilio Ferreiro constitúe unha excelente prosa de combate. Combate contra o clero galego franquista e reaccionario nunha invectiva severa. Titúlase, na lembranza de Zola, «Acusamos». Vexan algunhas das verbas que se usan:
«Acusamos o alto clero de 1965 de vivir amancebado coa ditadura que nos aferrolla; e de soster a mesma postura inimiga do pobo que a mantén e atura. Amais, declaramos que, o feito de proscribir o galego da liturxia é un grillón máis na cadea de ignominias da nosa Historia. E........