...E para comer, Lugo?
Temos unha provincia -no fondo son dúas, porque Mondoñedo, ao norte, foi tamén antano división administrativa, ademais da relixiosa- que é ben singular. Sen dúbida é a que máis electricidade consume por habitante. Visto desde fora ata semella un índice de progreso. Só que ten truco. En última instancia quen consume é Alcoa, a fundición de aluminio, o resto de habitantes gastan máis ben pouco.
Destaca tamén a provincia por ser o berce da cerámica de Sargadelos. Ninguén esquece esa louza azul e branca de formas xeométricas, a medio camiño entre a tradición e a vangarda, ou os amuletos, as pezas de animais, os colgantes,... Pois si, do mesmísimo lugar de Sargadelos, no concello de Cervo saen eses tesouros........
