Absentismo laboral |
Entrada de consultas externas de un hospital. / FdV
O absentismo entendido de xeito aséptico como ausencia da persoa traballadora do posto de traballo pode vir explicado por causas legais de uso dos dereitos, socialmente avaladas e globalmente ben consideradas (permisos de maternidade e paternidade, baixas médicas que obrigan a parar ao traballador ata que recupere a saúde...) e outras que non o son, por causas e responsabilidades diversas: absentismo inxustificado, abusos por parte dalgunhas persoas traballadoras, baixas que se alongan máis alá do razoable por retrasos na atención médica ou defectos na xestión das incapacidade laborais temporais (IT), ou contornas laborais que prexudican a saúde física ou mental dos empregados. Xa que logo, temos dúas compoñentes no absentismo: a que sería a compoñente lexítima, e a socialmente inadmisible. A atención ten que centrarse neste segundo vector, co fin de definir actuacións que sexan quen de reducir o absentismo inxustificado; ou o número e duración das baixas por IT, grazas a unha redución nos problemas de saúde, a unha redución nos accidentes pola redución de riscos de seguridade laboral, a unha mellora do clima laboral, a unha xestión e control das IT máis eficiente e que controle os abusos, ou a melloras na atención sanitaria que permitan recuperar a saúde antes fronte a unha enfermidade ou un accidente. Abordar o absentismo socialmente inadmisible require unha visión integral e equilibrada, que combine garantías laborais e melloras na xestión dos recursos humanos.
O conxunto dos indicadores agregados de........