A esquerda entre «A vida de Brian» e a esperanza |
A vida de Brian, a extraordinaria película dirixida por Terry Jones, contén unha das escenas máis afinadas —e incómodas— para entender a fragmentación da esquerda partidaria. Nun cuarto cheo de conspiradores revolucionarios, Brian Cohen asiste a unha discusión que parece non ter fin: a Fronte Popular de Xudea, a Fronte Xudea Popular, a Campaña polo Xudea Libre… As siglas multiplícanse, as diferenzas afíanse e a identidade constrúese máis contra a sigla veciña ca fronte o inimigo común: os romanos.
A escena é tan cómica como reveladora. Baixo os delirantes diálogos latexa unha constante recoñecible: a dificultade de verse recoñecido no outro próximo, esa tendencia a transformar a mínima diferenza nunha fronteira política. E entón a pregunta xorde, inevitable e obstinada: é un problema de unidade… ou, máis ben, de confianza?
A ciencia política ofrece algunhas respostas interesantes: o que está en xogo é o capital social que se define como a capacidade de construír relacións de confianza mutua, normas compartidas e dinámicas de cooperación sostidas no tempo. Sen ese substrato, os acordos son fráxiles, as alianzas conxunturais e a........