O chiste do plan para a lingua |
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, na presentación do Plan Xeral de Normalización Lingüistica. / Xoan Álvarez
A esperanza estou comezando a perdela. Eslúe coa velocidade kamikaze no camiño das neuronas. Como mantela e como coidar a fe...?
No misterio de obter a resposta, cavilaba o outro día cando na casa boureou o lóstrego do riso de Pachi. Corrín cara o salón e alí o estaba, o can, escachado no sofá ante unha pantalla.
Imaxinei que estaba a ver memes, se cadra o arquivo cun milleiro dos últimos 25 anos da Universidade de Granada.
Cando se repuxo, colleu aire e........