A universidade pública como investimento de país |
El conselleiro de Educación, Román Rodríguez, con los rectores de A Coruña, Santiago y Vigo. / Xoán Álvarez
A creación do grupo de traballo para deseñar o próximo Plan Galego de Financiamento Universitario 2028-2032 transcende unha negociación técnica. Do que alí se acorde dependerá, en boa medida, a capacidade de Galicia para xerar coñecemento, atraer talento, innovar e competir durante a próxima década.
O actual plan de financiamento 2022-2026 funcionou razoablemente ben. Achegou estabilidade, permitiu planificar e incorporou incentivos vinculados aos resultados. Pero o contexto xa non é o mesmo. O próximo plan non precisa unha ruptura, senón unha evolución intelixente que permita consolidar os seus acertos, corrixir as debilidades detectadas e incorporar os instrumentos necesarios para que as universidades poidan afrontar con garantías os retos da próxima década.
O novo financiamento debe responder e crear as condicións necesarias para que as universidades poidan desenvolver plenamente a súa misión. Iso implica reforzar os incentivos á excelencia, ofrecer estabilidade para planificar a longo prazo, recoñecer a diversidade das tres universidades públicas e asumir que o Sistema Universitario de Galicia constitúe unha infraestrutura estratéxica para o desenvolvemento económico e social do país.
A primeira condición é que o modelo premie aquilo que a sociedade........