Lustres e Lorca paseados
Hai hoxe 94 anos que Manuel Lustres Rivas e Federico García Lorca se abrazaron no parque das Cabañas de Vigo, un fito no seu destino, cando o andaluz acababa de chegar de Nova York e o galego como director de Hoja del lunes facía campaña a prol da xubilación dos xornalistas. Un encontro que se produciu o 25 de agosto de 1932, pouco antes das sete e media da tarde, hora na que comezou a función de La Barraca, a compañía teatral universitaria dirixida por Federico, que puxo en escena tres entremeses de Cervantes diante dun público vigués moi numeroso. A representación sería cualificada por FARO DE VIGO como «marabillosa» e abeizoada por un artigo de Lustres, «Estudiantina de generación en generación», na súa sección de «Actualidades viguesas», a máis lida do xornal.
Daquela segunda visita a Vigo de Federico –aos dezaseis anos viaxara a Galicia como estudante da Universidade de Granada– consérvanse as imaxes do poeta paseando pola viguesa rúa Príncipe, acompañado do elenco da compañía, filmadas por un dos seus membros, Gonzalo Menéndez-Pidal. Un serán memorable no parque de lecer de Peniche, que o segundo conde de Torrecedeira abrira con gran éxito no comezo dos anos vinte, bonito........
