Gorgorito e o Vigo Ye-Yé

Os adolescentes vigueses da Xeración do Polycommander, antes fomos crianzas de Gorgorito, que cada verán visitaba o palco de Castrelos. Presentaba este espectáculo de monicreques de fío e variña a compañía Maese Villarejo de Juan Antonio Díaz Gómez de la Serna, curmá do autor das greguerías, membro da Fronte de Juventudes e creador en 1940 do boneco «Juanín» e, dous anos despois, de «Gorgorito». Visitaba a nosa cidade dende 1955, cando montaron a súa función por vez primeira nas Avenidas e despois na Alameda, para nos sesenta converterse xa no espectáculo infantil dos «Festivais de España» no gran auditorio o aire libre de Castrelos.

O personaxe do afouto Gorgorito tiña un éxito tremendo, sobre todo pola súa capacidade para xogar co público nas súas leas continuas coa «Bruxa Ciriaca» ou co «Ogro Dentes Longos», os seus antagonistas, a maior parte das veces para defender a «Rosalinda», amiga do protagonista. Lembro que antes de aparecer en escena, xa se escoitaba aquela cantarea gorgoritiana do «parabá, parabá, parabá...», previa ao apoteótico recibimento do público vigués a aquel desfacedor de agravios, personaxe quixotesco que defendía aos bos, a pesar de que o facía a base de........

© Faro de Vigo