menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Asociación Cultural de Vigo

25 0
04.08.2026

Nunha cidade esquecediza como é Vigo, o sesenta aniversario da constitución da Asociación Cultural de Vigo (ACV) pasou totalmente desapercibido. Unha entidade esencial na estratexia da oposición da esquerda nacionalista ao franquismo en Vigo dende 1966 a 1980, polo tanto do Tardofranquismo de Manuel Fraga á Reforma Política de Adolfo Suárez, que aproveitou a marxe de liberdade aberta pola Lei 191/1964 de Asociacións. Legalizada o 29 de decembro de 1965, probablemente grazas a que foi da man dun grupo de avogados sen sospeita e dun amplo grupo de fundadores vinculados á Caja de Ahorros Municipal de Vigo, como o inesquecible Xoán Bernárdez Vilar, comezou a súa actividade cultural combativa no local de López de Neira en febreiro de 1966. Foi o enxeñeiro de Citroën Camilo Nogueira Román o seu presidente durante os tres primeiros anos, ao que sucedeu o avogado Alfonso Álvarez Gándara, o profesor Xosé Luís Méndez Ferrín e os avogados Xosé Luís Franco Grande e Nemesio Barxa, que dotaron a ACV do necesario dinamismo e continuidade durante unha década.

Foi espallar o uso social da lingua galega o primeiro obxectivo e sinal de identidade da ACV. Nos seus primeiro meses de actividade, a instancias tamén da........

© Faro de Vigo