Alborada do fútbol vigués

Rematada a gran campaña do Celta, con clasificación europea do primeiro equipo como sexto na Liga e playoff de ascenso do Celta Fortuna como subcampión de 1ª RFEF, a tempada deu tamén bos froitos para incrementar o acervo da cultura celtista. Entre as publicacións destaca o libro de Xavier Sánchez Pazos, Un equipo para un país. O Celta e a galeguidade (Rio 1923), coidada edición da que é a primeira historia social do Celta. Obra monumental de lectura aditiva, moi recomendable, froito dunha investigación que rescata numerosos datos de erudición celtista sobre un equipo potente creado para transcender o local e representar a Galicia nos campionatos de Liga. Libro fonte de 464 páxinas supera aos catro volumes de Historia del Celta (FARO_DE VIGO, 2012) de Fernando Gallego Arzuaga, referentes até agora.

Idéntica orientación de incrementar a nosa cultura futbolística tivo o animadísimo coloquio do Instituto de Estudios Vigueses sobre «Football e o Vigo moderno. Do Exiles ao Celta», na que intentamos reconstruír os cincuenta anos de fútbol vigués, anteriores a creación do Celta como fusión do Real Vigo Sporting CF (1913) e o Real Fortuna (1905). Ramón Cabanelas abordou a protohistoria do fútbol vigués.........

© Faro de Vigo