Agustín de Paz e a IA

No acto no que se coñeceron os Premios da Crítica de Galicia 2026, asociación da que son presidente, convidei as persoas participantes a viaxar a comezos do século dezaseis, cando apareceu o que cremos é o primeiro libro impreso en Galicia, o Missale Auriense, tamén un dos primeiros que incluían notación musical en España. Saíu do tórculo de Monterrey en 1495, ano no que poderiamos fixar o inicio do que é a industria editorial galega, hai 531 anos. Xa choveu. Habería que agardar case cincuenta anos de silencio editorial para atopar en Mondoñedo en 1548 a figura de Agustín de Paz, un impresor nacido en Burgos (1490), que trasladou a súa oficina de imprenta a Zamora, logo a Astorga, e a quen o profesor Xosé Filgueira Valverde considera na súa A Hestorea do libro galego (1996) o primeiro editor galego da historia. Na península era o intre da mudanza decisiva, un tránsito de civilidade, cando o libro impreso substituíu na lectura aos raros códices manuscritos. Os tipógrafos, aos que se lles chamaba «moldeiros» ou simplemente «libreiros», migraban coa súa oficina transhumante dunha cidade a outra.

A instancias do bispo de Mondoñedo Diego de Soto, Agustín de Paz montou oficina na cidade........

© Faro de Vigo