Xoias para pasar o outono

Unha muller le un libro nunha paisaxe outonal. / Envato

O verán alongouse coma negándose a deixarnos. Recoller castañas (raquíticas, por certo), celebrar magostos e honrar os defuntos en manga curta non é natural. Coa chuvia en folga indefinida, os encoros pedindo auxilio e o cambio climático espetándose contra os nosos fociños, novembro empezou con aire de prórroga estival. Talvez por iso os mosquitos tigre, que tan cómodos están coas temperaturas tropicais, seguiron facendo estragos por algunhas zonas do rural vigués.

Cando pensabamos que o verán ía ser eterno, os termómetros baixaron dun día para outro colléndonos, malia todo, por sorpresa. Durante semanas imaxinei a roupa de abrigo coma os xoguetes antigos de Toy Story: rodeados dun halo de amargura, fantasiando con que os seus donos se lembrasen da súa existencia. E falando de Toy Story, vin a quinta entrega na miña casa, por esa tendencia actual de que as películas producidas por plataformas duran un suspiro nas salas de cine.

Nos últimos........

© Faro de Vigo