menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

Verdades e mentiras sobre o hantavirus

7 0
latest

O MV Hondius, ancorado na costa de Cabo Verde, dende onde levaron tres sospeitosos de hantavirus / Elton Monteiro / Europa Press

Un brote vírico. Un barco onde enferman e morren tripulantes. A comparecencia de Fernando Simón —que pareceu viaxar directo desde 2022— mandando unha mensaxe para tranquilizar á poboación. Illamento, a televisión analizando a evolución minuto a minuto e unha palabra que —a maioría— nunca escoitáramos ata agora: hantavirus.

Temos tan preto a pandemia pola covid que é imposible non dicir: «parece mentira, pero está ocorrendo de novo». Mais, está ocorrendo de novo? Semella importante informarse e examinar os feitos antes de empezar a especular con todo tipo de teorías sobre unha catástrofe en proceso. Creo que a proximidade do coronavirus desatou un seguimento intensivo por parte dos medios e que iso está provocando certo estrés. Tamén considero que hai sucesos que non admiten o oportunismo político. Cargar contra a OMS ou acusar ao executivo de ocultar información........

© Faro de Vigo