Algúns segredos do Premio Cervantes

Gonzalo Celorio recolle o Premio Cervantes. / Ballesteros / EFE

Remata a Semana do Libro na que quero destacar a concesión do Premio Cervantes a Gonzalo Celorio, situando o foco neste 2026 nunha obra que leva décadas dialogando coa memoria. Celorio, narrador e ensaísta mexicano, converteu a súa escrita nun espazo de reflexión sobre a identidade, mais tamén nun exercicio de estilo.

Na xornada previa ao acto de entrega do Premio Cervantes no paraninfo da Universidade de Alcalá de Henares, a Casa Real ofreceu o tradicional almorzo no Palacio Real, presidido polos reis. Un grupo de persoas do mundo das letras tivemos ocasión de honrar ao autor mexicano. A nómina de autores premiados con este galardón, desde que en 1976 foi entregado o primeiro a Jorge Guillén, chega con Celorio ao medio cento.

Os reis recibiron a Gonzalo Celorio e a varios membros da súa familia na impresionante Saleta de Gasparini, unha estancia que, na súa orixe, tiña a función de Peza de Cámara de Carlos III, sendo o espazo máis importante, ademais do Salón do trono, de todos o que........

© Faro de Vigo