Volve o tranvía de Vigo a Baiona
Saída do tranvía de Vigo a Baiona. / FDV
Teño na casa un anaco da antiga vía do tranvía Vigo-Baiona. Non chega a medio metro de ferro que meu pai puxo enriba dunha pedra, como se fose unha escultura, porque en Galicia somos todos uns artistas. Tomámola prestada cando o Concello de Baiona reformou o primeiro tramo da miña rúa hai máis dunha década. Apareceu coma un vestixio romano ao picaren o asfalto para renovar o saneamento. Estaba alí, soterrada, e antes de que a levasen a saber onde, collémola, que para iso o meu avó deixouse a saúde en Tranvías de mozo, antes de que o mandasen á Guerra Civil. Hai moitos anos que quitaron o tranvía, ese que din por aí que roubou unha noite de festa Fito Puga e compañía, pero vese que deixou unha fonda pegada.
Que ben nos viña hoxe ese tranvía entre Vigo e Baiona. Sen dúbida........
