Se Eduardo Barreiros levantase a cachola

El gallego Eduardo Barreiros, pionero de la automoción en España.

Facía ben tempo que Stellantis, antes Grupo PSA ou PSA Peugeot Citroën, quería desfacerse da súa planta de Villaverde, en Madrid. Lembro que xa estivo a piques de pechala no 2010, pero esquivou a guillotina e o centro sacrificado foi daquela o de Aulnay-sous-Bois, en Francia, que rematou a súa actividade industrial no 2013. Xusto antes da chegada de Tavares. Agora non vai pechala, non, pero acaba de chegar a un acordo cos seus socios chineses de Leapmotor para venderlla, e serán eles os que continúen coa montaxe de automóbiles na única factoría que lles queda aos madrileños. Un marrón menos.

Villaverde, aínda que nos queda lonxe, pódese considerar unha planta con raíces galegas. Non só porque formou parte durante moitos anos do clúster ibérico que encabezaba Balaídos ata que os novos xefes do grupo decidiron que as decisións era mellor tomalas en Zaragoza, e non en Vigo, a pesar de que segue sendo a primeira planta por volume de........

© Faro de Vigo