menu_open Columnists
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close

E eu meténdolle o palillo ao «kraken»...

28 0
25.04.2026

Un polbo en cautividade na feira de Conxemar. / MARTA G. BREA

Cando os meus fillos se decaten de que o megalodón non foi a criatura máis estarrecedora dos océanos, vailles estoupar a cachola. «Non foi? Entón cal?», preguntaranme. E máis van flipar cando lles conte que o depredador supremo foi, nin máis nin menos, que un polbo, co que lles gusta comelo. Pero non un polbo calquera, claro, senón un de dezanove metros, de hai uns cen millóns de anos, capaz de triturar esqueletos e cunha visión e unha intelixencia sen precedentes. Un «kraken». Non mo invento. Acábano de publicar na revista «Science» uns científicos xaponeses —estarían buscando a Godzilla, digo eu— tras atoparen as súas mandíbulas na illa de Hokkaido. Se xa lles tiña eu boa estima aos polbos, agora con isto xa non sei se vou volver probalos.

A primeira vez que me vin fronte a fronte cun octópodo vivo tería eu uns quince anos. Estaba coa cana tratando de pescar unhas........

© Faro de Vigo