O(s) autismo(s). Pasado, presente e futuro (I) |
Fundación Menela (FM) foi declarada Vigués Distinguido 2026. En 1987 editamos o libro As voces de mármore. Autismo e Psicoses Infantís en Galicia.(Xerais Universitaria). A publicación era o resultado dunha experiencia ao longo de 11 anos de traballo con nenos/as con autismo iniciada en 1976, nunha pequena casa en Coruxo, con tan só cinco nenos/as atendidos/as, e o seu posterior trasladado a Alcabre (1981), xa como Centro de Educación Especial, onde hoxe se escolarizan 40 alumnas/os. Actualmente, a través da súa Rede de Servizos para o Autismo e a Dependencia Fundación Menela, atende na Área Metropolitana de Vigo a mais de 300 persoas, e nela trallan 130 profesionais.
En 1976 falabamos de autismo e psicoses infantís. Tiñamos como referencia a publicación de Leo Kanner en 1943 Perturbacións autisticas do contacto afectivo. O diagnóstico de autismo/psicoses considerábase propio da idade infantil e recibiría os nomes de autismo infantil precoz, psicoses, esquizofrenia........