O(s) autismo(s). Pasado, presente e futuro (e II) |
O coñecemento que vamos tendo do(s) autismo(s) partindo das súas singularidades e complexidades, baseadas nas diferentes teorías, así como na práctica do traballo do día a día, axúdannos a apoialos de cara a súa inserción social e de emprego. Estamos convencidos de que en moitas persoas con TEA, as súas diferenzas neurolóxicas estarán recoñecidas e respectadas como unha categoría social, de cara o seu achegamento o concepto de neurodiversidade e/ou neurodiverxencia, en confrontación coa considerada discapacidade no contexto do mundo neurotípico.
Se o trastorno dunha persoa con TEA é un hándicap para a inclusión polas súas características e as demandas sociais da contorna, isto significa que un diagnóstico de TEA baseado nas avaliacións da conducta poderían cambiar considerablemente, no sentido de que a mesma persoa poida vivir feliz co seu comportamento autista nun outro contexto, cando atope o........