A orde do mundo
Fotograma do filme «Rebuilding» / FDV
Hai moitos anos, cando a civilización aínda non chegara a todos os recunchos, os fogares manifestábanse en casas de tellados aguzados, triangulares e vermellos, con portas de media folla que nunca se pechaban con chave e nas que descansaban os brazos dos veciños cando se asomaban ao mundo, comunidade e contorna en diálogo permanente. Completaban o decorado fiestras pequenas, pero tan fondas que a luz podía perderse no seu interior.
Os fogares que eu coñecía, eses que tiñan chemineas desexosas de debuxar fíos de fume contra o azul do horizonte, non se movían. Permanecían ben aferrados ao chan e a furia dos ríos que........
