Sempre en Vigo |
Cando un pasea por Londres, entre Regent Street e Savile Row, atópase de repente cunha placa que reza «Vigo Street». Sempre sentín unha profunda emoción ao lela. Creo que Vigo é o Manhattan da miña infancia, a grande cidade con todos os seus atractivos. Conta Wooddy Allen en «About Nothing», que na súa adolescencia a súa maior ilusión era atravesar a ponte, dende Brooklyn onde vivía, para camiñar por Manhattan, a cidade onde todo era posible.Para un mozo coma min, de Ourense, Vigo era exactamente iso, a grande cidade onde brillaba o comercio, a industria, a cultura e a vida. Sen rañaceos, como Manhattan, pero con todos os seus atractivos.
O modelo de Estado plural que a Constitución establece, ao recoñecer o dereito á autonomía das nacionalidades e rexións, dúas entidades que a propia Constitución diferencia expresamente Un recoñecemento que converte en inconstitucionais os sistemas políticos centralizados e unitarios, ao estilo francés, que algúns........