O mundo enteiro de Javier Teniente tras os montes

Nacer en Chapela, nesa orilla case última da Ría de Vigo, marca unha forma de entender o horizonte. Alí, onde os versos de Martín Codax, de Meendinho ou de Xoán de Cangas parecen seguir orillando coa marea, Javier Teniente e máis eu compartimos unha infancia de salitre e de soños. O mundo revelábasenos entre a silueta d’A Guía e a protección das Cíes, pero sempre houbo en nós esa necesidade de otear máis alá, de escarpar o muro dos montes de Xaxán e da Madroa para descubrir que se ocultaba tras o límite do coñecido, albiscar que o mar, ao retirarse, camiñaba cara a outros mundos. Javier, buscador incansable de verdades, foise a marear o Gran Sol e ás guerras e regresou coa testemuña asustada dun planeta que se deconstruía a si mesmo entre a dureza........

© Faro de Vigo