No patrimonio histórico de Galicia en América hai dúas referencias obrigadas: A derradeira lección do mestre, o óleo que Castelao doou á colectividade galega de Bos Aires en 1945, recreación da estampa número 6 de Galicia mártir, realizada en memoria de Alexandre Bóveda e amorosamente custodiada nos salóns nobres do Centro Galicia; e A Santiña, a impresionante escultura de Francisco Asorey, que algunha vez tivemos ocasión de comentar nestas mareas. Foi unha das primeiras experiencias ás que me levou o vello Manuel Meilán cando por primeira vez viaxei a Montevideo en 1989. A figura presidía a entrada dos salóns nobres da Casa de Galicia. Un e outra, o óleo de Castelao e a escultura de Asorey, viaxaron a Galicia en 2019-2020 na exposición que comisariou Manuel Gago para a Xunta de Galicia, Galicia, un relato no mundo, na Cidade de Cultura. Hoxe as dúas están outra vez na outra beira do océano, na Galicia de alén mar, que é onde na miña opinión deben estar.

A Real Academia de Belas Artes, que dende o ano 2015 celebra o Día das Artes Galegas, elixiu este ano a figura e a obra de Francisco Asorey. No paseo da Calzada, en Cambados, patria primeira do escultor (Fefiñáns), pode visitarse unha exposición biográfica con textos de Felipe Senén e fotografías de Xurxo Lobato, homenaxe itinerante a un dos grandes artistas plásticos da Galicia contemporánea, soterrado no Panteón de Galegos Ilustres, en Bonaval, xunto a Rosalía de Castro, Domingo Fontán, Alfredo Brañas, Ramón Cabanillas e Castelao.

A figura de Asorey merece atención. Malia a súa popularidade, pois no seu tempo foi un autor celebrado e a súa obra empezaba a espertar interese alén das nosas fronteiras, a súa lealdade ao país e as circunstancias históricas que lle tocou vivir encerrárono nun circuíto case doméstico (de supervivencia) que limitou a súa proxección. Repito: malia ter unha obra pública extraordinariamente importante, que temos diante dos ollos e moitos non a saben identificar. Velaí o monumento a San Francisco en Santiago de Compostela, por exemplo, o monumento dedicado a Curros Enríquez nos xardíns de Méndez Núñez na Coruña, o monumento ao aviador Loriga en Lalín, o monumento a Ramón Cabanillas en Cambados, o dedicado a Ramón María Aller tamén en Lalín, o monumento a García Barbón en Vigo, o de Manolo Quiroga en Pontevedra… Pasamos todos os días por diante deles e non os recoñecemos. E varios traballos funerarios nos cemiterios de Galicia e Bos Aires, entre eles o altar do panteón do Centro Galego na Chacarita.

A carón da miña casa, no lugar do Tremo, en Brión, hai un busto de bronce dedicado a Vicente Ramos, emigrante benfeitor do concello, obra de Francisco Asorey. Case ninguén identifica o seu autor, pero alí está: no rueiro de San Ramón, a carón do vello balneario, xusto no campo das festas.

QOSHE - Memoria de Francisco Asorey - Víctor F. Freixanes
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Memoria de Francisco Asorey

10 0
21.04.2024

No patrimonio histórico de Galicia en América hai dúas referencias obrigadas: A derradeira lección do mestre, o óleo que Castelao doou á colectividade galega de Bos Aires en 1945, recreación da estampa número 6 de Galicia mártir, realizada en memoria de Alexandre Bóveda e amorosamente custodiada nos salóns nobres do Centro Galicia; e A Santiña, a impresionante escultura de Francisco Asorey, que algunha vez tivemos ocasión de comentar nestas mareas. Foi unha das primeiras experiencias ás que me levou o vello Manuel Meilán cando por primeira vez viaxei a Montevideo en 1989. A figura presidía a entrada dos salóns nobres da Casa de Galicia. Un e outra, o óleo de Castelao e a........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play