Morreu Paul Auster e o mundo da cultura encheu as redes de condolencias, anécdotas e imaxes. Todos sabiamos o que pasara, porque nolo contaron. Pero sen permiso.

Siri Hustvedt, a compañeira de Paul, atopouse coa nova nos medios de comunicación moito antes de que puidese facerse á idea da perda, moito menos comezar a dixerila. O devir natural do loito crebouse incluso sen iniciarse.

Logo das horas, Siri tamén apareceu nas redes. Declarábase inxenua, xa que pensou que sería ela quen anunciaría o pasamento do seu home. Gustaríalle. Quizais non estaba pensando en anuncialo ao mundo, senón aos máis achegados, á familia, ás amizades. Non foi posible. Porque non lle deixaron.

Confesa que negarlles esa intimidade a ela e á súa filla é un roubo da dignidade. Lonxe de buscar culpables, entende o ocorrido como unha chamada de atención. Segue sendo imprescindible reflexionar antes de apresurarse nas actuacións. Mais a actualidade semella venderse ao máis rápido. Sen importar en exceso a veracidade, sen que contrastar, confirmar ou pedir permiso sexa imprescindible.

Ninguén merece isto, pero resulta unha auténtica ironía que non respectemos a palabra dun dos escritores máis loados. El, que xogaba co discurso, que moldeaba o relato ao seu antollo, que profesaba o respecto polo oficio de quen se debe á palabra... soubo marchar, mais o relato non estivo á súa altura.

Quixera contalo ela, a viúva. Pero as carreiras por ser os primeiros só entenden do «cóntovolo eu» e agardar os likes.

QOSHE - Cóntovolo eu - María Canosa
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Cóntovolo eu

52 0
04.05.2024

Morreu Paul Auster e o mundo da cultura encheu as redes de condolencias, anécdotas e imaxes. Todos sabiamos o que pasara, porque nolo contaron. Pero sen permiso.

Siri Hustvedt, a compañeira de Paul, atopouse coa nova nos medios de comunicación moito antes de que puidese facerse á idea da perda, moito menos comezar a dixerila. O devir natural do loito crebouse incluso sen........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play