Andan dándolle voltas ao éxito do BNG nas últimas eleccións. A organización que representa electoralmente o galeguismo político, dito doutro xeito, que identifica políticamente o nacionalismo cultural, logrou o apoio dun terzo dos votantes. Un éxito que aínda non veu acompañado do Goberno porque as outras partes necesarias para lograr o cambio en Galicia non lograron manter o seu habitual nivel de apoio. Por terceira vez o nacionalismo superou o teito de cristal que se empeñan en marcarlle os que gustarían poder votar polos demais. A grandeza da democracia é a capacidade de podermos coller cada un unha papeleta e metela na urna pola nosa propia man. Historicamente é o acto máis revolucionario que as sociedades contemporáneas poden facer; o que ten consecuencias políticas máis seguras e perdurables. Máis decisivas e transformadoras.

De onde saíu o éxito do BNG? Uns din que de Pedro Sánchez, que depositou nas boas expectativas de Ana Pontón a esperanza de gañar ao PP en Galicia; outros que de Félix Tezanos cociñando enquisas a prol do Bloque, aínda que ningunha previu resultado por riba do 30 %; hai quen argumenta que todo foi cousa dunha boa pantalla de plasma, moitas redes sociais acompañadas dunha matanza de años para coas súas pelicas cubrir ás candidatas do BNG. A pregunta é importante, as respostas varían, dependendo se son para saber ou para negar. Os analistas menos independentes insisten en que os do BNG son votos socialistas emprestados, apúntanse á teoría de que funcionan os vasos comunicantes. Algo si, pero non dan as contas para tanto voto. Hai outros elementos en xogo para explicar por que o PSdeG baixou máis ca nunca, máis ca cando tivo a competencia das Mareas. O empeño dos voceiros do PP en intentar convencer á opinión pública que ningún voto do PP foi parar ao BNG resulta, por obsesivo, revelador do que nesta ocasión pasou, expresa o medo que dá que esa opción se afirme. Negar o evidente pode rematar sendo un dos erros do PP que favorezan ao BNG ao longo da lexislatura que comeza. A outra, o empeño en deformar o nacionalismo realmente existente, o que é percibido pola maioría da sociedade máis nova e emprendedora, ou sexa, pola maioría dos votantes do futuro inmediato. Xusto o que desta volta lle funcionou ao equipo de Rueda para mobilizar temores nos seus votantes, disuadir a votantes socialistas de apoiar o cambio ou mesmo para paralizalos no inmobilismo.

O éxito do BNG pode personalizarase na candidata porque así o quixo a estratexia política que ela cumpre e protagoniza cun grupo de traballo cohesionado e un grupo de deputadas brillantes. Ana Pontón pertence e representa a esa nova xeración, tan «preparada», educada en democracia, convencida do seu valor político intrínseco. E ademais transmíteo. A autenticidade resulta imparable e seguirá rachando teitos de cristal. Aínda por riba é a primeira muller que pode ser presidenta, un factor desequilibrante na Europa de hoxe e na Galicia de sempre. Que quere facer o BNG? Non ten moito misterio, gobernaron e gobernan cidades e deputacións, gobernaron a Xunta. O que se di, gobernar.

QOSHE - O mérito de Ana Pontón - Lourenzo Fernández Prieto
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

O mérito de Ana Pontón

22 1
05.03.2024

Andan dándolle voltas ao éxito do BNG nas últimas eleccións. A organización que representa electoralmente o galeguismo político, dito doutro xeito, que identifica políticamente o nacionalismo cultural, logrou o apoio dun terzo dos votantes. Un éxito que aínda non veu acompañado do Goberno porque as outras partes necesarias para lograr o cambio en Galicia non lograron manter o seu habitual nivel de apoio. Por terceira vez o nacionalismo superou o teito de cristal que se empeñan en marcarlle os que gustarían poder votar polos demais. A grandeza da democracia é a capacidade de podermos coller cada un unha papeleta e metela na urna pola nosa propia man. Historicamente é o acto máis revolucionario que as sociedades contemporáneas poden facer; o que ten consecuencias........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play