Nada volverá ser o mesmo. Sendo o mes máis curto, estando aínda a mediados, este foi o febreiro máis longo do PP dende 1981. O alivio de Alfonso Rueda e de Paula Prado na comparecencia da noite electoral, sen disimulo, era a expresión dun buff, salvámonos! colectivo, nós e Feijoo. Non lles chegaba a camisa ao corpo pero saíron con forza do transo. O PP mobilizou máis que ninguén e logrou o máis difícil aínda: revalidar a maioría absoluta cunha campaña chea de erros, un candidato novo e pouco valorado e nunhas eleccións coa terceira maior participación da historia da autonomía, despois de 2005 e 2009. Nesa diferenza de participación estivo posiblemente a derrota da oposición.

Os populares foron máis unha vez esa máquina electoral, tamén política e ideolóxica, imposible de bater pese ao ascenso anunciado e confirmado dun BNG que superou o 30 % dos votos e dunha Ana Pontón que será a cabeza dunha oposición inédita, máis nova, coherente e rotunda que nunca antes neste século. Desde ese punto de vista, todo será diferente tamén para o Goberno. Pero para chegar ao Goberno, amais dunha campaña perfecta como a que fixo, o BNG terá que perfilar a súa maquinaria, mobilizar os seus recursos, aproveitar todo que aínda ten a poulo. E empezar a facelo mañá mesmo.

Se non houbo cambio desta volta foi porque pinchou o PSdeG, que perdeu menos deputados dos que gañou o BNG. Os socialistas saíron esnaquizados das leas que lles argallaron en Ourense o PP e Jácome, unha erosión que dura xa cinco anos. Sobre todo, o PSOE ten que facerse útil como partido galego, abandonar a estraña satisfacción por ese municipalismo de agregación que nada lle ofrece a quen quere derrotar ao PP no Goberno da Xunta. Incapaz de lograr que o voten para Monte Pío os mesmos que o votan para a Moncloa, necesita definirse como o partido socialista de Galicia que ninguén viu por ningures, pese ao honesto traballo dun Besteiro ao que nin tempo lle deron de darse a coñecer fóra de Lugo. De Podemos, que falen eles se queren. Sumar foi vítima deles e de querer ensaiar precisamente aquí e agora o que non ensaiaron nas xerais, rachar coa súa rémora. A mellor noticia: o neofalanxismo segue sen prender, fóra dos cuarteis. Galicia é a única terra liberada contra a extrema dereita en Europa. Ourense, rancho á parte.

Nada volverá ser igual en Galicia. O domingo abriuse o principio da fin dun dominio baseado na inevitabilidade do Goberno do PP. Viron as orellas á banda da loba. Na Galicia máis nova, urbana, do futuro, da ría de Vigo á de Ferrol, gañou o Bloque. Despois destes resultados, acabouse tamén a vella coartada que permitía parecer unha cousa, galeguista de esquerdas de toda a vida ou progre de acreditado pedigree, e facer outra, radicalmente distinta, colaborando rendiblemente a soster a hexemonía do PP. Tamén rematou a identificación entre Xunta e PP pola confusión máxima á que levaron á Administración como máquina electoral. Nada será como antes na política galega.

QOSHE - O febreiro máis longo do PP - Lourenzo Fernández Prieto
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

O febreiro máis longo do PP

3 1
21.02.2024

Nada volverá ser o mesmo. Sendo o mes máis curto, estando aínda a mediados, este foi o febreiro máis longo do PP dende 1981. O alivio de Alfonso Rueda e de Paula Prado na comparecencia da noite electoral, sen disimulo, era a expresión dun buff, salvámonos! colectivo, nós e Feijoo. Non lles chegaba a camisa ao corpo pero saíron con forza do transo. O PP mobilizou máis que ninguén e logrou o máis difícil aínda: revalidar a maioría absoluta cunha campaña chea de erros, un candidato novo e pouco valorado e nunhas eleccións coa terceira maior participación da historia da autonomía, despois de 2005 e 2009. Nesa diferenza de participación estivo posiblemente a derrota da oposición.

Os populares foron máis unha vez esa máquina........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play