O único encoro que Franco non inaugurou foi o de Portodemouros, da Hidroeléctrica Moncabril. A empresa viña de facer finanzas creativas, cambio de nome incluído, para ocultar que eran os mesmos aos que lles rompera un embalse en Ribadelago causando a maior traxedia da enxeñaría desde a guerra.

Ao franquismo pouco lle importaban as vidas miserentas dos labregos de Santiso e de Agolada cuxas terras quedaron anegadas, e aínda así fixeron un certo esforzo para convencelos de que aquel encoro era o mellor que lles podía pasar. Dóciles, ignorantes ou, simplemente, medoñentos, o certo é que ninguén se atreveu a protestar demasiado.

Quizais sexa ese lugar, o espazo verde dos meus antergos, o que, coa súa provocadora fermosura, reta os xerifaltes do diñeiro e do poder a matar a natureza por cartos. Sempre son os mesmos, sexa unha hidroeléctrica ou a celulosa de Altri. Claro que agora non temos o franquismo coa súa manipulación dos labregos, mantidos na miseria ignorante ou na represión, garantías de silencio. Agora, en Melide, Palas, Friol e Santiso sábese a verdade: Altri contamina. A fábrica de celulosa erguerase nunha zona proposta para a ampliación da Rede Natura, consumindo a auga que precisan o gando e os cultivos. Encherá de porquería o ar que respirarán os 9.000 empregados directos ou indirectos, a quen, diante das enfermidades respiratorias, dará igual ter un euro que un millón. Así que a Ulloa xa non cre propagandas escritas con reviraganchos nin promesas literalmente envelenadas. Pode que Altri se constrúa malia nós, como se fixo o encoro de Portodemouros. Pero cando a chuvia ácida estrague os castiñeiros que plantaron os meus avós, saberemos que o ar está sucio coma as conciencias de quen cren que podemos respirar diñeiro.

QOSHE - Antes da chuvia ácida - Inma López Silva
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Antes da chuvia ácida

5 29
04.04.2024

O único encoro que Franco non inaugurou foi o de Portodemouros, da Hidroeléctrica Moncabril. A empresa viña de facer finanzas creativas, cambio de nome incluído, para ocultar que eran os mesmos aos que lles rompera un embalse en Ribadelago causando a maior traxedia da enxeñaría desde a guerra.

Ao franquismo pouco lle importaban as vidas miserentas dos labregos de Santiso e de Agolada cuxas terras quedaron anegadas, e aínda........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play