A Congregación das “Hermanas de los Ancianos Desamparados” fundada en Barbastro, Huesca, o día 27 de xaneiro do ano 1873, por Saturnino López Novoa en colaboración ca santa sor Teresa de Jesús Jornet e Ibars 1. chegou a Ourense, de xeito provisional, no ano 1884, iniciando a súa andaina nunha casa situada na rúa Hernán Cortés nº. 38, pasando posteriormente a tela propia, con igrexa incluída, deseñada no ano 1887, polo arquitecto Manuel Conde Fidalgo, na avenida de Bos Aires nº. 20, asentada nun solar actualmente ocupado polo hotel Francisco II maila polémica praza de San Antonio. Como queira que o segundo do citado edificio, co paso do tempo, axiña resultou cativo para os numerosos acollidos nunha época de penuria económica, o día 20 de marzo do ano 1947, un animoso grupo de voluntarios comandados pola caritativa dona Raquel Santamaría conxuntamente cun numeroso grupo de persoas “Amigos del Asilo” promoveron multitude de iniciativas co obxecto de recadar fondos que permitiran a ergueita dun novo edificio asistencial con sede na rúa Camiño da Pontella, moi preto da nova igrexa parroquial de Santa Lucía, en Rairo. O novo e amplo centro maila súa citada igrexa encomezaron a singradura construtiva no decurso do ano 1990, ocupando un gran solar, dunha extensión aproximada de trinta e tres mil metros cadrados, que permitiría a folgada acollida de 225 prazas asistenciais.

A igrexa mailo edificio anexo foi obra do arquitecto madrileño Ceferino Baga, sendo a empresa construtora os Hermanos Carrajo a mesma, curiosamente, da construción da igrexa de san Benito de Cabeza de Vaca. Unha das características exteriores máis salientable e visibles do novo edificio relixioso o constitúe a alta, estreita e piramidal torre campanario, bastante similar ó existente no lateral da portada de entrada á igrexa anteriormente de citada de Cabeza de Vaca. A torre componse de varias andares sendo moi visible á súa altura, dende varios puntos da nosa cidade. No interior do templo a grande circular cristaleira abovedada composta de dous corpos concéntricos radiais atópase decóranse cunha fermosa e coidada policromía que ilumina interior do amplo tempo presidido polo lisa parede do presbiterio, xa que carece de retablo, iso si contén as bonitas imaxes, de corte industrial, correspondente á fundadora da institución, sor santa Teresa de Jesús Cornet, a bonita imaxe coroada da patroa, a Virxe dos Desamparados, ademais das tallas de santa Marta e san José, copa trono, sen esquecer a importante piadosa imaxe centra, correspondente a un Cristo Crucificado.

O templo de Deus atópase perfectamente habilitado para o uso dos residentes e visitantes, de modo especial por parte de todas aquelas persoas carentes de mobilidade ou falta dela, polo que se habilitou, na parte superior, parte do coro para este fin.

O fermoso e amplo templo, coidado con esmero por todos os membros da congregación e residentes, goza de espléndida luminosidade interior gracias á destacable e fermosa cristaleira aboveda decorada con interesantes motivos polícromos situada sobre o presbiterio por diante do altar maior.

QOSHE - Igrexa San José, asilo de ancianos - Juan Andrés Hervella
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Igrexa San José, asilo de ancianos

5 0
18.12.2023

A Congregación das “Hermanas de los Ancianos Desamparados” fundada en Barbastro, Huesca, o día 27 de xaneiro do ano 1873, por Saturnino López Novoa en colaboración ca santa sor Teresa de Jesús Jornet e Ibars 1. chegou a Ourense, de xeito provisional, no ano 1884, iniciando a súa andaina nunha casa situada na rúa Hernán Cortés nº. 38, pasando posteriormente a tela propia, con igrexa incluída, deseñada no ano 1887, polo arquitecto Manuel Conde Fidalgo, na avenida de Bos Aires nº. 20, asentada nun solar actualmente ocupado polo hotel Francisco II maila polémica praza de San Antonio. Como queira que o segundo do citado edificio, co paso do tempo, axiña resultou cativo para os numerosos acollidos nunha época de penuria económica, o día 20 de marzo do ano 1947, un........

© La Región


Get it on Google Play