Entre os anos 1879 e 1900 na cidade de Ourense erguéronse importantes edificios tanto civís como relixiosos ademais de diversas sés de Caridade sendo os seus autores notables arquitectos como: José Barreiro, Genaro de la Fuente, Eduardo Mercader, Emilio Meruendano José Antonio Queralt, Rauret, Serra y Pujols, Jesús Vidal, Antonio Crespo ou Antonio Seara, Daniel Vázquez Gulías, Antonio Fidalgo, entre outros, todos eles dotados dunha grande vena creativa e artística capaz de competir co máis florido a nivel arquitectónico nacional existente naquelas datas; obras algunhas delas que, en deben, inda hoxe, admíranse na cidade.

As primeiras Irmáns Carmelitas chegaron a Ourense capital despois dunha viaxe dificultosa o día 12 de marzo do ano 1879 mercé á laboriosa xestións do bispo de Ourense Cesáreo Rodríguez (1876 -1895) instalándose nunha grande casa co nº 13 existente na pequena praza do Correxidor pertencente a Isidoro Temes, como o testemuña, aínda hoxe, a presenza na súa fachada de tres escudos nobiliarios familiares, sendo vendida posteriormente por un importe de 25.000, das antigas pesetas, ó matrimonio formado por María del Rosario Wall e o seu esposo Alfonso de Sousa quen, posteriormente a doaron xenerosamente á congregación do Carmelo. Mais tarde a madre Paula comprou, tralo pasamento do prelado, de xeito paseniño, as casas contiguas ademais de novos terreos que permitiron a execución de diversas obras, todas grazas ó legado económica do prelado, ata chegar, moi modificado, ó edificio actual que completou a súa atura co engadido de dous seus andares mais 1, 2.

O día 8 de xuño do 1894, ou ben o arquitecto José Barreiro o Antonio Crespo López, solicitaron do Concello de Ourense licencia para obrar nun, dos lugar máis interesantes do “Casco Vello”, unha pequena e estreita capela-igrexa para o culto da citada onde relixiosa, asentada na cidade licencia que foi denegada o día 6 de outubro; ante a negación do permiso o arquitecto Crespo voltou novamente a solicitala, de xeito concreto, o 14 de decembro, sendo finalmente aprobada 2.

A capela, construída no ano 1897, é de estilo puramente neogótico, que segue os postulados construtivos e artísticos tan en boga nesa época, destacando pola súa verticalidade a alta fachada composta de tres corpos; así a nivel da rúa sitúase a portada composta dun bonito arco neogótico de estilo flamíxero enmarcada por un cordón acompañado de dous pináculos lastrados en pedra situados a ambos dos seus lados. No segundo destaca a tripe ventá apuntada, protexida por vidreiras que seguen unha liña cuberta. Da remate á mesma unha espadana formada por un so oco contendo unha pequena campá, acompañado nos laterais por séndoos pináculos con remate en bola ademais dunha cruz de pedra no cumio 2.

O interior componse dunha soa e alta nave cuberta cunha bóveda de crecería, atopándose sobre a porta de acceso un interesante coro pétreo. O presbiterio o preside un curioso sagrario de trazado evidentemente gótico, de indubidable valor artístico acompañado dun Cristo Crucificado. No muro correspondente a Epístola atópase a bonita imaxe de santa Joaquina de Vedruna, namentres que no muro do Evanxeo encontrase a talla da patroa da orde, a Virxe do Carme. Igualmente resulta interesante cerca da porta de acceso á Casa de Deus a presenza dun curioso e moi ben traballado confesionario en madeira. En definitiva unha pequena capela que pese á súa modesta dimensión resulta sumamente interesante e, dende logo, digna de visitar.

QOSHE - Igrexa capela das irmáns Carmelitas Vedruna, na praza do Correxidor - Juan Andrés Hervella
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Igrexa capela das irmáns Carmelitas Vedruna, na praza do Correxidor

5 0
20.03.2024

Entre os anos 1879 e 1900 na cidade de Ourense erguéronse importantes edificios tanto civís como relixiosos ademais de diversas sés de Caridade sendo os seus autores notables arquitectos como: José Barreiro, Genaro de la Fuente, Eduardo Mercader, Emilio Meruendano José Antonio Queralt, Rauret, Serra y Pujols, Jesús Vidal, Antonio Crespo ou Antonio Seara, Daniel Vázquez Gulías, Antonio Fidalgo, entre outros, todos eles dotados dunha grande vena creativa e artística capaz de competir co máis florido a nivel arquitectónico nacional existente naquelas datas; obras algunhas delas que, en deben, inda hoxe, admíranse na cidade.

As primeiras Irmáns Carmelitas chegaron a Ourense capital despois dunha viaxe dificultosa o día 12 de marzo do ano 1879 mercé á laboriosa xestións do bispo de Ourense Cesáreo Rodríguez (1876 -1895) instalándose nunha grande casa co nº 13........

© La Región


Get it on Google Play